Escola de Pais e Nais


Obradoiro de educacion e coidado de menores onde se proporciona aos pais e nais estratexias, destrezas ou outros recursos que lles axuden a participar e mellorar aspectos que condicionan o desenvolvemento dos seus fillos e fillas a nivel de crecimento, maduración, educación e socialización.

Fenomeno Migratorio e Integracion Social


Obradoiro no que se intentará poñer de manifesto os principais temas e puntos a ter en conta á hora fenómeno migratorio e se tratará de aportar unha serie de ideas e claves para superar as cuestións socioculturais vinculadas ao mesmo.

Obradoiro de Coñecemento Intercultural


Dirixido a nen@s en idade escolar con un enfoque lúdico pedagóxico fomentase a superación de prexuizos de raza e cultura dunha forma sinxela e amena.

Fomento do empresariado feminino


Acción formativa destinada a estimular, guiar e orientar o xurdimento e consolidación de proxectos e iniciativas emprendedoras dirixidas e lideradas por mulleres.

Capacitacion para directivos de asociacions


Obradoiro orientado a ofrecer unha formación altamente especializada a todas as persoas que estean en disposicion de detentar un cargo directivo en calquer tipo de asociación sen fins de lucro

Educacion en valores de Igualdade


Dirixido a nenas e nenos en idade escolar, presenta un enfoque lúdico-pedagóxico, a través do cal intentarase afondar nas principais razón da discriminación por causas de xénero, como punto de partida para fomentar o xurdimento de principios e actitudes comportamentais encamiñados a desterrar calquer tipo de desigualdade entre homes e mulleres.

Curso de Habilidades Sociais


O obxectivo do curso será facilitar aos asistentes certos instrumentos actitudinais, orientadas a afrontar as posibles situación conflictivas dun modo asertivo, resolvendo os problemas inmediatos asociados ás mesmas, mentras se minimiza a probabilidade de xurdimento de novas problematicas no futuro, co fin de mellorar á súa relación co medio físico e o entorno social.Destinatarios: Persoas de calquer tipo, organizadas por grupos de idade. Especialmente orientado para a xuventude e as mulleres.