Aprendendo a aprender


Obradoiro no cal se pretende axudar aos rapaces e rapazas de educación primaria e secundaria, os criterios e pautas máis importantes a ter en conta para lograr unha optimización do seu
tempo de estudo.

Obradoiros de Orientacion Educativa


Actividade destinada a nais e pais na cal se darán a coñecer unha serie de pautas e estratéxias prácticas, co fin de mellorar o nivel de interacción e influencia dos mesmos na educación integral
dos seus fillos.

Tecnicas Activas de Busqueda de Emprego


Acción na que se dará a coñecer aos destinatarios da mesma (desempregados), dun xeito adaptado ás súas necesidades concretas, os coñecementos a ter en conta para levar a cabo un
proceso de búsqueda de emprego eficiente.

Principais contidos:
Deseño de Curriculums Vitae, búsqueda de ofertas laborais,novos xacementos de emprego, a entrevista de traballo;adestramento e práctica mediante simulación.

Curso de Informatica Aplicada


Actividade formativa destinada a mellorar a cualificación profesional e a incrementar as posibilidades de empregabilidade. Principais contidos:
Organización de arquivos, follas de calculo, bases de datos,coñecemento da rede Internet.

Curso de Informatica Avanzada


Acción formativa orientada a mellorar a capacitación práctica e a incrementar as posibilidades de empregabilidade.

Principais contidos:
Deseño de páxinas web, manexo de programas Photoshop,Corel Draw, traballo en rede local, etc.